lunes, 21 de octubre de 2013

Elas responden



Unha pequena parte asomou en Extra Voz, dominical de La Voz de Galicia, e outras moitas ficaron no ar, como escribe no seu blog a autora Dores Tembrás. Quedamos no Ágora e falamos da relación da muller coa escrita e da muller en xeral. Fun espectadora entremetida.
 Olalla Cociña aseverou: Non sempre a muller escribe co corpo. Antía Otero apoiou esa tese e descubriume a Claude Cahun, o concepto de corpo performativo, que pode traspasar a materia e recreala. Dores Tembrás compartiu arte que ela coñece ben, maneiras intelixentes de ollar, como a de John Berger no documental do 71 Modos de ver. Nese documental, superado segundo Antía Otero, está en realidade a orixe da conversa.
Faltaban eles. Os libres de xéneros impostos.

Polas palabras compartidas que agardan en silencio na despensa. Espallarse pola casa toda e moito máis alá.