Recuerdo el día que nací,
el calor, tu dolor corriendo como un río que viene de lo alto
a romper en las baldosas de un quirófano.
No nací en casa,
pero sí cerca del mar y de la tierra,
en el sueño como llega el mediodía.
Recuerdo el sol friéndose en un plato,
el salteado de latidos,
el amor de tu amor como un pez perdido en la marea,
el éter donde supimos dormidas cosas
que no sabemos contar.
Qué dijiste cuando te ibas. A a a a a... Di, dónde. No me asustes. Sabré, sabrás...?
Tu corazón me retenía, tu sangre me empujaba. Y el espacio que me abría tu voz se parecía a una casa. Lo era todo, como siempre, la voz, la voz descalza, el deseo de la sirena bajo la piel
del mar, la voz que ofrece al pedir, la que sonríe fija,
los ojos que la traen como una ofrenda hasta mí.
Recuerdo que nací de tu mirada,
como un pequeño claro en la incerteza.
Tenía la piel llovida de tu cuerpo rompiéndose, de tu esfuerzo por soltar ese extremo de la cuerda
sujeto a ti.
Nací, me lo contaste. Me diste nombre.
Nací en la primera palabra para mí,
en el calor de tu pecho,
en la hoja enorme como un mapa de tu mano
que se movía siempre alrededor de mí.
Vivo buscando
la voz del amor de donde vengo.
jueves, 12 de diciembre de 2013
miércoles, 4 de diciembre de 2013
O paxaro coa palabra na boca
Dores descubriume a Hélène Cixous. Tamén falamos da experiencia de ser nai, da vocación de traballar coa palabra, dentro e fóra dela, ata limpala de todo, como adoita dicir ela. Ao pensar en Dores, vexo os pulidores de parqué segundo Gustave Caillebotte. E un redondel. E o tempo correndo cara atrás. Vexo acenos dunha música familiar, que intúo que coñezo de lonxe mais non sabería dicir...
Cun agasallo de Dores, medrei como filla da ausencia da nai.Fírmao Eva Veiga e fica no meu escritorio.
Dores é unha casa coa porta entreaberta. Ao escribir este conto, O peizoque Roque, bótanos a voar. Polo ceo das palabras que máis nos gustan. Das palabras que somos.
Nas que nos gustaría aniñar para sempre.
martes, 12 de noviembre de 2013
Franco al desnudo
Esta entrevista fue publicada el pasado domingo, día 10, en
Extra Voz, el suplemento dominical de La Voz de Galicia.
Pilar Eyre y la editorial Destino tuvieron el detalle de permitirnos la prepublicación de uno de los capítulos de esta biografía íntima de Franco tres días antes de la presentación oficial del libro.
¿Cae un mito o nace un hombre en Franco confidencial?
domingo, 27 de octubre de 2013
sábado, 26 de octubre de 2013
lunes, 21 de octubre de 2013
Elas responden
Unha pequena parte asomou en Extra Voz, dominical de La Voz de Galicia, e outras moitas ficaron no ar, como escribe no seu blog a autora Dores Tembrás. Quedamos no Ágora e falamos da relación da muller coa escrita e da muller en xeral. Fun espectadora entremetida.
Olalla Cociña aseverou: Non sempre a muller escribe co corpo. Antía Otero apoiou esa tese e descubriume a Claude Cahun, o concepto de corpo performativo, que pode traspasar a materia e recreala. Dores Tembrás compartiu arte que ela coñece ben, maneiras intelixentes de ollar, como a de John Berger no documental do 71 Modos de ver. Nese documental, superado segundo Antía Otero, está en realidade a orixe da conversa.
Faltaban eles. Os libres de xéneros impostos.
Polas palabras compartidas que agardan en silencio na despensa. Espallarse pola casa toda e moito máis alá.
lunes, 9 de septiembre de 2013
Fogar de poesía
Luz Pozo ten unha casa na que colle de todo e no que ocupan lugar de honra as imaxes que non precisan palabras e as palabras máis grandes. O 3 de setembro coñecín outro pouco da Luz coa que tivera falado na casa -hoxe museo- de Emilia Pardo Bazán e que tiña visto na Real Academia, ela cun sorriso amodiño nos ollos e como buscando a alguén máis alá do solpor da xente que comeza a erguerse das cadeiras. Daquela díxome cun medio sorriso que era un pouco Leo e un pouco Cáncer, segundo o momento do día. Na casa de Luz coñecín á Luz que deixa fiestras abertas, amosa fotos de familia, conta, pregunta polos fillos e ofrece zume de pexego e pastitas de corazón para picar. Desta sorte de azar co que comezou setembro xurdiu, na casa de Luz, un encontro con Yolanda Castaño, Dores Tembrás e Estíbaliz Espinosa. Só coñezo unha moi pequena parte da poesía que teñen parido xa, coa mestura xusta de dolor e pracer... as máis das veces. Advirte Yolanda a sensualidade de escribir, ao involucrarse de todo nese proceso de (re)creación da realidade no que o a clave está sempre na ollada de quen mira. Estíbaliz defende a observación dentro da propia ollada da muller, diferente as máis das veces á que dela adoita ter o home. O xénero é máis que unha categoría gramatical, é aínda unha lousa herdada de prexuízos e inercias adquiridas, pero non é definitivo nin o máis definitorio, advirten elas. Dores fala de dous modelos de ser muller nos que unha parece ter que encaixar á forza, pastoreada pola simpleza.
"Non hai problema", din moitos, e moitas, acaso sen saber ben qué dano fai iso. Hai problema cando se está na casa e fóra, só hai que dilucidar quen navega nese mar confuso no que a muller non ten fácil atopar unha áncora que non a inmovilice. A áncora para elas é a honestidade, ser honestas na súa obra co que son; coas nenas que foron e que acaso non soñaron con verse unha tarde plena de verán falando con Luz na casa de Luz, pero si se viran escribindo. A
poesía non fala soa. Esta reportaxe, pequeno aperitivo en honor a Rosalía, non acaba aquí. Agardo.
"Non hai problema", din moitos, e moitas, acaso sen saber ben qué dano fai iso. Hai problema cando se está na casa e fóra, só hai que dilucidar quen navega nese mar confuso no que a muller non ten fácil atopar unha áncora que non a inmovilice. A áncora para elas é a honestidade, ser honestas na súa obra co que son; coas nenas que foron e que acaso non soñaron con verse unha tarde plena de verán falando con Luz na casa de Luz, pero si se viran escribindo. A
poesía non fala soa. Esta reportaxe, pequeno aperitivo en honor a Rosalía, non acaba aquí. Agardo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









