miércoles, 4 de diciembre de 2013

O paxaro coa palabra na boca

Coñecina por O pouso do fume. Non recordo a primeira vez que falamos, pero si que a conversa non se pechou, quedou á espera coa palabra na boca. Así vive o paxaro que está a voar agora polas aulas galegas: o peizoque Roque, de Dores Tembrás, come e dános a comer palabras. Sempre van con ela, como o pequeno trala nai.
Dores descubriume a Hélène Cixous. Tamén falamos da experiencia de ser nai, da vocación de traballar coa palabra, dentro e fóra dela, ata limpala de todo, como adoita dicir ela. Ao pensar en Dores, vexo os pulidores de parqué segundo Gustave Caillebotte. E un redondel. E o tempo correndo cara atrás. Vexo acenos dunha música familiar, que intúo que coñezo de lonxe mais non sabería dicir... 
Cun agasallo de Dores, medrei como filla da ausencia da nai.Fírmao Eva Veiga e fica no meu escritorio.
Dores é unha casa coa porta entreaberta. Ao escribir este conto, O peizoque Roque, bótanos a voar. Polo ceo das palabras que máis nos gustan. Das palabras que somos
Nas que nos gustaría aniñar para sempre. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario